Entrevista a la revista Biblios Clube de Lectores

A final d'aquest mes presentarem a Galícia el llibre Software libre: tecnicamente viábel, economicamente sostíbel e socialmente xusto, la traducció i adaptació al gallec del meu llibre també disponible en català i castellà. L'editorial Biblios Clube de Lectores publica aquest mes una entrevista que us reprodueixo a continuació. El llibre s'editarà en paper i format electrònic i estarà disponible sota la mateixa llicència que l'actual i serà distribuït també amb el CD-ROM de l'OpenOffice.org en gallec. Vull agrair l'ajut d'en Daniel Romero i Anna Salgado en la traducció d'aquest llibre.

Como xorde Software libre. Tecnicamente viábel, economicamente sostíbel e socialmente xusto?


Nace a resultas dunha colaboración coa web especializada en innovación “Infonomia”. Detectamos a necesidade de dispoñer dunha obra en rexistro divulgativo que permitise explicar dun xeito claro e sinxelo que é o software libre e contextualizalo na contorna actual. “Infonomia” ademais mostrouse moi receptiva dende o comezo en usar unha licenza libre Creative Commons para a súa publicación. De feito, ao pouco tempo empezaron a liberar outros libros baixo as mesmas condicións.

É un libro para “iniciados”?

Non. É un libro para presentar os conceptos básicos do software libre e non para analizar en profundidade os diferentes aspectos que trata. Calquera persoa que se queira achegar ao software libre, sen coñecementos previos, ten nas mans unha guía escrita dende a experiencia do autor e pensada para todo tipo de público.

Que se entende por software libre e cales son as súas principais vantaxes?

No mundo do software tradicionalmente os creadores das ferramentas negáronlle aos seus usuarios o dereitos sobre estas. O software libre é a colectivización dos dereitos do software. O autor cede os dereitos cun mecanismo para que todos poidamos usar, modificar e distribuír o software. No software non libre traducir un programa ou copialo é ilegal. No software libre convídanche a modificar o programa para que se adapte ás túas necesidades e a compartilo con quen queiras.


La foto que acompanya l'entrevista, d'aquest estiu com et pot observar.

A implantación de software libre, o feito de non pagar ningún tipo de licenza, non pode supoñer un freo ao desenvolvemento da investigación e modernización do software?

O software libre non impide cobrar polo software. Por exemplo, podes mercar unha caixa coa distribución de GNU/Linux OpenSuse en moitas librerías e é software libre xa que garante as liberdades aos seus usuarios. Certo é, que o software libre tende a ser gratuíto. O fundamental é que o software libre, como garante acceso ao código do programa, permite o intercambio libre do coñecemento. Calquera persoa de calquera lugar do mundo cun simple PC pode participar no desenvolvemento do software. Co software propietario (non libre), só o propietario do programa pode facelo exercendo un monopolio sobre el.

Cales cres que son os motivos do pulo na produción de software libre?

O software non libre é pre-Internet. Internet esta baseada en software libre, estándares abertos, e garante o acceso universal á información. O software libre representa ademais unha parte moi importante da infraestrutura de Internet, por exemplo máis do 70% de servidores web usan software libre. O software libre permite a converxencia de intereses de empresas, voluntarios e universidades e permítelles traballar colaborativamente tal e como sucede en milleiros de proxectos diariamente. É esta dinámica a que posibilita que siga medrando.

O software libre lidera o mercado das aplicacións da Rede (servidores de Internet) para empresas, pero non obstante non consegue facerlle sombra aos programas propietarios no eido dos ordenadores persoais, nomeadamente nas empresas. Que inconvenientes formula o seu uso neste ámbito e que cómpre facer para superalos?

Na contorna do escritorio hai aplicacións como o navegador Firefox que son moi populares, e outras como o paquete ofimático OpenOffice.org ou o programa de retoque fotográfico GIMP que se comezan a popularizar. O software libre ten que afrontar factores como o grao de descoñecemento que o rodea, a resistencia cultural ao cambio, a dificultade para dispoñer de certas aplicacións moi especializadas e vencer o mito que é difícil de usar. Hai tempo que se está traballando para superar estas eivas, pero o cambio é lento.

Que cómpre facer para estender o uso do software libre na sociedade? Que medidas habería que aplicar para evitar a omnipresencia do software propietario? Axudaría introducir o uso do software libre nas aulas?

Máis dun 90% dos usuarios finais non cambian o sistema operativo que lles ven de serie cando mercan un PC. Mentres os usuarios non poidan escoller con liberdade que sistema operativo queren cando adquiren un PC dificilmente será posíbel un cambio a grande escala. A introdución do software libre no mundo educativo (incluíndo o universitario) é un paso moi importante.

Como valoras o crecente interese dos gobernos polo uso de software libre nas administracións públicas?

Dun xeito moi positivo. O software libre permite un reparto ecuánime do coñecemento, ten un beneficio social, permite o desenvolvemento local de empresas e posibilita traballar en linguas minorizadas ou minoritarias. Gobernos de todo o mundo, de dereitas e de esquerdas, amosaron este interese e están desenvolvendo os seus respectivos proxectos. O software libre non está vinculado a ningunha axenda política. Ademais, en moitos países en vías de desenvolvemento, o software libre é a única vía que van ter para superar fenda dixital e poder acceder ao coñecemento sen ser escravos do coñecemento desenvolvido en países consolidados. Por exemplo, a iniciativa One Laptop for Children que usa GNU/Linux e ten como obxectivo proporcionar un ordenador portátil por menos de 140 dólares nestes países.

Que papel deben asumir as administracións públicas en materia de software libre?

Creo que a administración ha xogar tres papeis. Primeiro, poñer o software libre a disposición da cidadanía mediante a creación de recursos libres, formación, etc. Segundo, o uso do software libre na propia administración. Terceiro, e moi importante, garantir o acceso á administración dende ordenadores con calquera tipo de sistema operativo (Linux, Mac, etc) e fomentar os estándar abertos. É inxustificábel que, por exemplo, un web dunha administración pública só funcione con Internet Explorer. É tan absurdo como se para ver TV3 ou a TVG fose necesario ter un televisor dunha marca concreta.

É o software libre unha vía para o uso de linguas como o galego ou o catalán na ofimática?
 
Non só na ofimática senón en toda a informática. Hoxe en día ferramentas como o paquete ofimático OpenOffice.org xa as podes atopar en catalán, galego, ou occitano. Sistemas operativos completos con milleiros de aplicacións como GNU/Linux encóntranse nun estado moi avanzado de tradución. O software libre permite a voluntarios, gobernos e empresas traballar na adaptación do software a calquera lingua. Sen permisos e sen restricións na distribución das versións traducidas. Permite unha verdadeira normalización lingüística ao incorporar o uso das linguas minorizadas nas novas tecnoloxías.

Hai oportunidades de negocio no mundo do software libre?

Moitas. En Cataluña por exemplo hai máis de 100 empresas, especialmente PEME, que dan servizos baseados no software libre. Permítelles ter acceso libre ao coñecemento (non necesitan ser partner obrigatoriamente de ninguén para facer negocios), formarse (moita información libre na rede), ser máis competitivos diante da competencia (custo mínimo). Existen xa dúas asociacións empresariais de empresas de software libre, hai empresas que dan servizos de administración de redes, e-learning, xestión de contidos, aplicacións empresariais, etc. En fin, que se está consolidando un tecido moi importante de empresas que utilizan tecnoloxías libres.

Existe soporte e apoio para as empresas e administracións que decidan  utilizar software libre?

O soporte empresarial é moi amplo desde empresas como Novell ou IBM a milleiros de PEMES especializadas. Tamén hai grupos de usuarios de software libre e moitos foros e documentación na Rede.
jordi Wednesday 13 September 2006 - 3:45 pm | | Default

One comment

Guillermo

Hola, soy un defensor a capa y espada de lo que significa el software libre y me encanta que existan páginas como ésta para que el conocimiento libre tenga el reconocimiento que se merece. Tan sólo quería dar la enhorabuena portratar así este tema que, para muchos sigue siendo algo tabú y que tanto puede reportarnos de beneficio para todos. También quería comentar que existe una página donde se trata el software y conocimiento libre de una forma amena y en profundidad. A mí, personalmente, me gusta bastante. Os dejo el enlace por si queréis echarle un vistazo.
http://www.territoriolibre.org
Un saludo libre

Guillermo, (Email ) - 12-02-’07 16:04
(optional field)
(optional field)

Remember personal info?
Small print: All html tags except <b> and <i> will be removed from your comment. You can make links by just typing the url or mail-address.