Xornada: Producir, espallar, localizar… software en galego (29 de setembro)

Concellarías da Xunta e a administración local de Santiago organizan a xornada de traballo "Producir, espallar, localizar… software en galego." Esta xornada desenvolverase o venres 29 de setembro a partir das 10:00 no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal. É unha iniciativa do Concello na que colabora o Proxecto Mancomún.

OBXECTIVOS XERAIS
· Reflexionar sobre a importancia de contar con software na propia lingua para avanzar no proceso de
normalización, nomeadamente entre a mocidade e no eido socioeconómico.
· Coñecer polo miúdo unha experiencia exitosa de localización de software baseada no voluntariado,
Softcatalá, e a súa convivencia con outras formulacións baseadas na profesionalización.
· Analizar a situación da localización de software e da produción de software propio en Galicia dende
diferentes parámetros: promotores, utilidade, extensión de uso, materiais complementarios…..
· Contrastar as diferentes experiencias de localización de software e debater sobre o ‘modelo galego’ para
a súa localización e difusión.
· Tirar conclusións de interese para organizacións e administracións implicadas nestes procesos.

DATA E LUGAR DE REALIZACIÓN
· Venres, 29 de setembro, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal (rúa de Frei Rosendo Salvado, 14-
16. Santiago de Compostela).
· Horario: de 10 a 14.30 e de 16.30 a 20.30 h.

PROGRAMA
· 10.00 h. Presentación e apertura da xornada.
· 10.15 h. Localización de software baseada no voluntariado. A experiencia de Softcatalá. Voluntariado
versus administración: o estado da cuestión en Cataluña.
Relator:
- Jordi Mas, coordinador xeral de Softcatalá, autor do libro Software libre: Tecnicamente viábel, economicamente sostíbel e socialmente xusto.
Moderadora:
- Isabel Vaquero, técnica do SNL da Universidade de Santiago e coautora do libro Da periferia á rede.
Internet en Galicia: Lingua e contidos.
· 12.15 a 12.30 h. Pausa.
· 12.30 a 14.30 h. Experiencias e políticas de localización/produción de software en Galicia.
Relatores:
- Ramón Flores, profesor universitario, autor de diccionarios galegos para correctores ortográficos libres e membro do Proxecto Trasno.
- Manuel Portas, concelleiro delegado de Política Lingüística, Relacións Veciñais e Deportes no Concello de Santiago.
- Elena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Xunta de Galicia.
- Mª Sol López, secretaria xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Moderador:
- Carlos Neira, economista, técnico da empresa Cidadanía e membro da Mesa Galega a prol da Innovación.

· 14.30 a 16.30 h. Descanso para xantar.

· 16.30 a 18.30 h. Alfabetización: a chave para a utilización e a difusión.
Relatores:
- Luís Teira, mestre especialista en TIC, coordinador de Ciberlingua e coautor do manual Navegándomos.
- Juan Antonio Valiño, xefe da área de Sistemas e Comunicación da Consellería de Educación.
Moderador:
- Daniel Romero, xestor de actividades culturais e de normalización lingüística do Concello de Fene, coautor do libro Da periferia á rede. Internet en Galicia: Lingua e contidos.
· 18.30 a 20.30 horas. Presentación e debate de conclusións.
jordi Sunday 24 September 2006 - 2:03 pm | | Default

No comments

(optional field)
(optional field)

Remember personal info?
Small print: All html tags except <b> and <i> will be removed from your comment. You can make links by just typing the url or mail-address.